Algo Máis de Cor. Versión en Galego.

8 Nov

Algo máis de cor. Terapia Habitación de Hospital, é un proxecto comisarial desenvolvido pola Asociación Cultural [sen marco] cuxo obxectivo é eliminar, a través da arte, o síndrome do hospitalismo ou deterioro progresivo que aparece nos nenos hospitalizados a causa do sentimento de reclusión no centro hospitalario. Un proxecto artístico, de educación e investigación que se está desenvolvendo dende o mes de abril na área de pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Partindo da idea da percepción espacial subxectiva, dos procesos creativos en colectividade e da capacidade da arte para cambiar o noso contorno, introdúcese aos nenos hospitalizados e ás súas familias nun proceso de creación artística contemporánea no cal transforman a súa realidade modificando unha maqueta a escala da propia habitación na que están ingresados, á vez que propoñen unha revisión profunda do espazo hospitalario actual.

Maqueta a escala: Habitación Lactantes

A transformación das maquetas realízase seguindo as pautas marcadas por unha terapia hospitalaria moi concreta, deseñada pola artista Mónica Alonso, cuxo alicerce fundamental é unha gama cromática especificamente deseñada para os pacientes. Seguindo as pautas concretadas a través do folleto Terapia Habitación de Hospital preténdese abordar e reducir a problemática do hospitalismo, potenciando o benestar do neno e dos seus familiares durante a súa estancia no Hospital, á vez que se tenta que o espazo transformado pase a ser considerado como o lugar real de estancia no hospital.

Folleto de la Terapia Habitación de Hospital.

O proceso de aplicación da Terapia, desenvolvido por profesionais de diferentes ámbitos artísticos -integrantes da Asociación-, realízase en tres sesións dunha hora e media cada unha, dependendo das necesidades, estado e nivel de cada familia/paciente. As sesións realízanse os venres, sábados e domingos, xa que é o intervalo semanal no que non se producen altas e o ritmo hospitalario é menos frenético, podendo traballar así coas familias con maior tranquilidade.

Hab. 127, Natureza

De modo inmediato, búscase mellorar e coidar a infancia e o estado anímico dos menores ingresados. Involucrados no proceso creativo que supón a realización dunha obra de arte, facilítase a súa estadía e lecer, ao tempo que se promove un proceso de aprendizaxe e aproximación á creación contemporánea que, á vez, implicará a outras persoas relacionadas cos propios nenos (familiares, médicos, persoal hospitalario) e que repercute directamente na mellora da súa experiencia hospitalaria.

10. Habitación 128, la Habitación de El Árbol.

E, a longo prazo, intentamos atopar e desenvolver un modelo de estancia hospitalaria ideal que axude a erradicar ou minimizar a patoloxía do hospitalismo de forma permanente e en calquera lugar.

Para a súa difusión, con todas as maquetas resultantes realizarase unha exposición no hospital, así como en diferentes espazos artísticos galegos, e un catálogo documental recollerá todo o proceso de investigación que leva unha proposta deste tipo, nun intento por dar a coñecer o resultado do todo o proxecto e de buscar os aspectos comúns que poidan levar a construír un prototipo de habitación hospitalaria ideal, así como inspirar o desenvolvemento de proxectos similares noutros centros que axuden a minimizar, a través da arte, a vivencia traumática nestes espazos.

Hab. 130, Los Sueños de Lucas.

Algo máis de cor é un proxecto que non se limita unicamente a facer agradable o espazo, senón que se constrúe artisticamente coas propias decisións dos seus usuarios, á vez que pretende ser unha terapia que axude a transformar a difícil experiencia da estancia hospitalaria nun recordo asociado á creación artística.

Actualmente colaboran na realización de este proxecto o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Fundación Andrea de apoyo a los niños con enfermedades de larga duración, crónicas o terminales, a Escola Hospital Camilo José Cela e o propio complexo hospitalario, ademáis da artista Mónica Alonso, responsable do deseño da Terapia Habitación de Hospital.

O proxecto levouse xa a cabo na área de lactantes, e se se dispón de máis financión, poderá continuar nas áreas de preecolares e escolares e na área de pediatría oncolóxica e UCI pediátrica.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: