Topografías de lo Invisible. Versión en galego

3 Nov

Aínda que o proceso de asociación de [sen marco] foi levado a cabo no ano 2010, o xerme da asociación  comezou xa no 2008, coa coincidencia dos seus socios fundadores na II Edición do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela, onde puideron levar a cabo, no 2009, o seu primeiro proxecto conxunto: a exposición colectiva work-in-progres “Topografías de lo invisible” (Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Setembro de 2009), diseñada, organizada e dirixida por 16 comisarios/as, coordinada por Manuel Segade e protagonizada e vivida por boa parte dos habitantes e visitantes do casco vello compostelano.

“Topografías de lo invisible” materializou a idea de cidade construída subxectivamente a través de múltiples visións creando o noso propio mapa: unha serie de catro mapas superpostos, que trataban de facer visibles puntos clave e, non obstante, cegos, ata certo punto ininteresantes para a lectura oficial e instituída da cidade, que emerxen das vivencias dalgúns sectores minoritarios da súa poboación. Deste modo, procedeuse a traballar nalgúns espazos do casco histórico de Santiago de Compostela, a sinalar as súas dinámicas habituais de uso, subliñándoas repetidamente, literal e figuradamente. Reactiváronse certos enclaves urbanos estratéxicos de “desinterese” a través de catro accións -Memoria, Detrito, Marxes e Sendeiros- con catro dinámicas distintas, a partir dun marco metodolóxico común enraizado na socioloxía, a antropoloxía, a pedagoxía e as técnicas documentais e arquivísticas básicas. O proxecto comprendeu, polo tanto, a recollida, co mesmo grao de importancia e idéntico valor, de informacións, datos, sons, obxectos, residuos, historias, testemuños ou vivencias, nun encontro coa cidade materializable na exposición, procesualmente, a medida que o tempo pasou e as accións se consumiron, conclusiva ou inconclusivamente, no lugar da memoria.

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Topografías de lo Invisible
EXHIBITION WORK-IN-PROGRESS
INICIO 08/09
ACTO CLAUSURA 30/09/09 20:00h

FUNDACIÓN GONZALO TORRENTE BALLESTER
Rúa do Vilar, Santiago de Compostela

PROXECTO COMISARIAL COLECTIVO
Alumn@s da II Edición do Máster en Arte, Museología e Crítica Contemporáneas da USC

A cidade reinvéntase cada día, a través das accións individuais e colectivas de quenes viven nela. Estas accións quedan rexistradas na forma urbana e é a través delas que a cidade se transforma e reorganiza. O estudo do cotián ofrece posibilidades transformadoras. Os máis banais e repetitivos xestos do cotián poden en si mesmos crear conciencia de quenes os habitan sobre os seus desexos, necesidades e soños. Ana Rosenblüth

A Fundación Gonzalo Torrente Ballester expón en Santiago de Compostela un innovador proxecto de investigación urbana a cargo de dezaseis novos comisarios.
A exposición “Topografías de lo invisible“, que aúna perspectivas de investigación sociolóxica e arqueolóxica con accións artísticas puntuais, abriuse ao público o venres 11 de setembro. Trátase dunha mostra que aposta por un arriscado carácter procesual: durante dúas semanas incorporaranse progresivamente novos elementos á montaxe no espazo da Fundación, concibido a un tempo como lugar de traballo e de exposición. Só o 30 de setembro, no momento de clausúra, a investigación completarase e será posible unha lectura conclusiva da mesma.

O proxecto nace dunha colaboración entre a Fundación Gonzalo Torrente Ballester e o Master en Arte, Museología e Crítica Contemporáneos da Universidade de Santiago de Compostela. A exposición é así o resultado do traballo e esforzo compartidos polos alumnos desta titulación durante oito meses de colaboración e diálogo.

Na mostra ponse de relevo lugares do centro histórico de Santiago de Compostela relevantes en tanto que espazos vividos, espazos con historias únicas que bordean persistentemente a deterioración e a desaparición. A idea de mapa, un mapa que sobrevive en estado latente baixo o resto de planos sociales da cidade, é utilizada para organizar o espazo físico e signicativo da exposición. Mediante catro liñas básicas de actuación que se entrecruzan (os proxectos “MARXES“,”DETRITUS“,”MEMORIA” e “SENDEROS“) a idea de cidade é repensada, incidindo naqueles sectores e aspectos menos recoñecidos. A través da recontextualización do recordo e do testemuño vivido, da recolección de pegadas e reclamos,os espazos reactívanse e visibilizan para o público, ofrecéndolle unha visión da cidade até agora ignorada.

Vista general de la sala

Senderos
Percorrido en Vermello
Coordinador: Antón Pardo (comisario e xornalista).

Senderos foi un taller didáctico para nenos que virou ao redor da idea dos lugares inaccesibles. Senderos non buscaba apuntar as dinámicas de ocupación do espazo por parte dos nenos, senón involucralos nesta tarefa de visibilización. A actividade desenvolvía unha dobre noción de accesibilidade do urbano, a través duns percorridos pola cidade que permitisen un progresivo mapeado da mesma.

Deste xeito, os pequenos participantes convertéronse en certo sentido en coautores do traballo cartográfico sobre a cidade en que se baseaba a exposición, a través tanto das observacións máis pragmáticas sobre obstáculos físicos como das máis imaxinativas suxestións e hipóteses sobre espazos e lugares, que se incorporaron ao noso inédito estudo cartográfico sobre Santiago de Compostela.

Topografías de lo Invisible

Marxes
Percorrido en Laranxa.
Coordinadora: Laura Novo (comisaria e antropóloga).

Marxes xorde a partir da idea de realizar unha investigación de carácter sociolóxico, desenvolvendo un pequeno estudo sobre os mendigos que habitan a cidade compostelá. Unha observación participante polas rúas e prazas do casco antigo, coa pretensión de dar a coñecer maneiras diferentes de mirar e ocupar o espazo urbano.

Topografías de lo Invisible.

Nel, analizouse o problema a nivel de contexto, relacionando o espazo-marco, a cidade, e os espazos concretos nos que este grupo se sitúa, atendendo ás posibles variacións que poidan existir na devandita ocupación, tendo en consideración o momento do día e o período da semana. Tamén se tivo en conta a situación cambiante de presenza/ocultamiento deste colectivo nos diversos espazos, así como as rutas que seguen ao longo do día.

O traballo de campo, en zonas ocupadas por diferentes grupos sociais, que presentan como trazos comúns a marxinalidade e a pobreza, non só serviu para mostrar unha ocupación diferente de lugares emblemáticos de Santiago como Quintana, Cervantes ou Preguntoiro, senón toda unha serie de historias de vida que a miúdo quedan no esquecemento. Para este labor realizáronse unha serie de entrevistas nas que fomos redescubrindo a cidade baixo novas perspectivas e nas que nos achegamos ao duro que é vivir na cidade cando non se dispón dunha casa que habitar ou da seguridade de que queden cubertas cada día as necesidades básicas. O espazo exterior é vivido dunha forma imposta como un espazo interior no que os esmoleiros se illan e distancian da sociedade, quedándose, en certo sentido, á marxe.

Topografías de lo Invisible

Detritus
Percorrido en Verde.
Coordinador: Xes López (comisario e historiador da arte).

Detritus tentou ser unha orixinal forma de visibilizar e visualizar algo que se nos pasa desapercibido no día a día: o lixo. Un elemento que normalmente se tenta ocultar ao cidadán por distintos medios, xa que se considera molesto e, mesmo, insalubre. E que, con todo, defínenos como habitantes ou visitantes dunha cidade. Os arredores da Catedral, o parque de Bonaval, o mercado de Abastos e a praza de Cervantes foron os sitios elixidos para as actuacións do noso grupo de traballo.

Topografías de lo Invisible

Esta labor de investigación, documentación e clasificación pretendeu ser unha posta en valor do obxecto cotián por medio da musealización e descontextualización do que ninguén quere, distintos materiais orgánicos e inorgánicos arroxados á vía pública, pero que no seu día pertenceron a unha persoa e tiveron unha utilidade determinada.

Dar a coñecer a cidade por medio dos seus residuos, así como fomentar o respecto ao medio ambiente, foron os nosos principais obxectivos.

Topografías de lo Invisible

Vista de la sala

Memoria
Percorrido en Azul.
Coordinadora: Begoña Ante (comisaria e artista).
Fotografías: Ana Amado (comisaria e arquitecta).

Memoria foi un proxecto que pretendía reactivar distintos puntos da cidade a través do recordo que os seus habitantes tiñan deles. O grupo social co que se traballou foi a terceira idade, posto que son eles os que viron como os mesmos espazos da cidade se transformaban unha e outra vez no tempo, xerándose así para eles unha memoria do lugar estruturada ao longo dos anos.

Conversando cos nosos maiores, fóronse recompilando historias, recordos, anécdotas… sobre o pasado dos espazos especiais onde aínda hoxe se concentran, como son o Mercado de Abastos, o paseo da Alameda, as prazas á sombra, as igrexas e outros lugares da zona vella de Santiago de Compostela; sobre como era a vida deses lugares antes, as xentes que os transitaban, a transformación do espazo físico, os cambios que se produciron e que se experimentaron.

Finalmente, a través dunha acción artística e poética, fragmentos destas pequenas memorias foron transcritos nos chans dos lugares rememorados con xiz, salientando, mediante o seu carácter efémero, ese ir e vir dos recordos, a súa vaguedade, e o paso do tempo coa transformación do lugar.

Topografías de lo Invisible

Resaltando eses lugares da zona vella de Santiago de Compostela, nos que os maiores se reúnen, a través da súa memoria, queríamos salientar a importancia dun colectivo que ten moito que dicir sobre o antes da cidade con historias vivas, emotivas e sentimentais, historias que na maioría dos casos pérdense no esquecemento.

Topografías de lo Invisible

Vista del proyecto en la sala

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: